Aproveitando que é o centenario do nacemento de Roald Dahl e que durante este mes no centro imos telo presente nas nosas clases, como por exemplo realizando actividades relacionadas con el, aquí tedes unha actividade para entregar o próximo día de clase . A actividade é para a asignatura de inglés do curso de 1º E.S.O B, da que son titora, trátase dun capítulo do libro Matilda de Roald Dahl do que teredes que facer un Essay seguindo as pautas vistas na clase de hoxe.
MATILDA
A maiores, achégovos unha presentación para a seguinte clase de titorías na cal veremos un pouco máis sobre a vida e as obras de Roald Dahl:
PREZI PRESENTATION
Para rematar a hora de titorías imos realizar unha actividade interactiva na que mediante unha sopa de letras teñades que buscar os títulos en inglés dos libros mencionados na anterior presentación.
ROALD DAHL'S BOOKS
Roald Dahl's Books

No hay comentarios:
Publicar un comentario