viernes, 6 de enero de 2017

Tema 1: (Eduardo) O Marco común europeo de referencia para as linguas

A partir do Mercado Común é cando se empezan a levar a cabo proxectos económicos e tecnolóxicos comúns e coa caída do muro de Berlín o inglés convértese na segunda lingua de todo falante da comunidade europea. E neste momento cando a comunidade sexa cal sexa o motivo comeza a aprender diferentes linguas estranxeiras  e comeza o proceso de creación da Unión Europea ,o que conleva a aparición do multilingüismo que pode axudar a levantar as barreiras entre países. Posteriormente crearase o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas que é unha base común para a elaboración de programas de lingua, de exames, etc en toda Europa. Define o que teñen que aprender os estudantes de linguas co fin de usala para comunicarse, ademais das destrezas e coñecementos que teñen que desenvolver. A finalidade deste marco é romper as barreiras que existen nos diferentes sistemas educativos europeos, é dicir que o que se pretende conseguir é a integración europea. Inclúe seis niveis de aptitude para a aprendizaxe de linguas estranxeiras e consta de 9 capítulos: 

  1. Contexto político e educativo 
  1. Enfoque adaptado 
  1. Niveis comúns de referencia 
  1. O uso da lingua e o usuario ou alumno 
  1. Competencias do usuario ou alumno 
  1. A aprendizaxe e a ensinanza da lingua 
  1. As tarefas e o seu papel na ensinanza da lingua 
  1. A diversificación lingüística e o currículo 
  1. A avaliación 

Dende o meu punto de vista as ideas que aporta o Marco Común son boas pero o problema está en como integralas nos centros educativos, posto que non dispoñemos de horas suficientes a semana ou como faríamos para adaptar as probas ás bases do marco ou se facer probas de nivel externo ou mesmo tamén que metodoloxía se empregaría para preparar ós alumnos. 

Coido que si deberíamos de preparar ós alumnos para integralos a nivel europeo e que poidan viaxar a outros países e desenvolverse ou mesmo que sexan capaces de poder conseguir traballos en Europa e non só en España. Deberíamos afastarnos máis do modelo máis tradicional de ensinar unha lingua e tratar de ser máis prácticos, algo que vai cambiando cos tempos pero penso que aínda queda moito o respecto para conseguir que os alumnos acaden bos niveis de inglés. En España aínda queda moito por facer para poder falar de plurilingüismo, sen embargo si que cada día contamos con máis casos de alumnos bilingües ou de centros bilingües. Cando falamos de plurilingüismo estamos a falar do contacto entre varias linguas, a interrelación que se establece entre elas. É dicir que o usuario desenvolve  unha competencia comunicativa a que contribúen todos os coñecementos e experiencias lingüísticas e nas que as linguas se relacionan entre si e  interactúan.  

Pero neste proceso non nos podemos esquecer das linguas minoritarias que quedarían relegadas a un segundo plano, xa que as linguas estranxeiras máis importantes e máis empregadas son o inglés, francés, alemán, portugués ou o italiano. Entón se se lles pasa a dar maior importancia ás linguas estranxeiras que as nacionais, tamén estamos a perder a nosa lingua oficial e tamén as linguas cooficiais. Polo tanto considero que un bo método sería adaptar  os contidos e os obxectivos nas nosas aulas de inglés na medida do posible ás bases do Marco Común pero iso sen que queden as linguas minoritarias nun segundo plano. Non se trata dunha labor doada pero se se van implantando pouco a pouco  penso que poderíamos alcanzar uns niveis estándares de inglés  a nivel europeo, por exemplo dende fai varios anos si que se teñen as diferentes competencias á hora de aprender inglés algo que cando eu estudaba non era así, é dicir que xa se están a dar cambios tendo en conta o marco. Ademais agora na proba de aceso a universidade xa se introduce un listening é dicir que pouco a pouco se pode conseguir unha adapatació ó respecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario