Ata que mencionamos neste máster o termo AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos de Lingua Estranxeira) nunca antes escoitara falar del, en concreto nesta materia. A metodoloxía basease na aprendizaxe dalgunhas materias ou parte delas a través da lingua estranxeira, co obxectivo de aprender contidos simultaneamente a aprendizaxe da lingua estranxeira.
Trátase dun método bastante novo, xa que se adapta en Europa no 1994, de aí que o mellor non soubese da súa existencia. Como principais características destacan o emprego significativo da lingua, posto que non é o único obxectivo senón tamén os contidos, polo que os mestres deben de ter en conta os obxectivos e a lingua. Outra característica é que a materia é quen determina o tipo de lingua que se aprende, por exemplo se estamos en clase de historia ou música aprendemos vocabulario específico ou estruturas que virán determinadas pola materia. Coido que se trata dun factor importante xa que algúns destes contidos serán útiles para un futuro na incorporación do mundo laboral. Esta metodoloxía dálle maior importancia á fluidez que a gramática, algo primordial xa que a hora da expresión oral o máis importante é a fluidez, e en segundo lugar a gramática, e se o alumno comete moitos erros debemos de aproveitalos para que aprenda deles.
Considero que este método é bo para a aprendizaxe de idiomas, posto que se aparta das clases tradicionais de inglés de gramática e de exercicios, e polo tanto conséguese unha maior motivación por parte do alumnado de adquirir coñecemento doutras materiais en inglés, ademais de conseguir unha fluidez na expresión oral por parte dos alumnos. Trátase dunha ensinanza interactiva na que traballan por parellas ou en pequenos grupos ou tamén traballos enfocados por tarefas. Deste xeito o alumno aprende pola súa conta e vai construíndo o coñecemento converténdose no centro da aprendizaxe, sempre coa axuda do mestre que fai de soporte del. A linguaxe apréndese a través do seu uso en situacións postas como andamiaxes é dicir que van do concreto ó abstracto.
Por outra parte, penso que este método permite aprender o uso do idioma en situacións reais e polo tanto a aprendizaxe do idioma é máis doada que mediante o estudo de regras gramaticais. Ademais de todo isto permítelles ós alumnos poñerse en contacto con realidades doutras culturas e saber máis delas, o que vai fomentar a tolerancia e a solidariedade cos demais.
Dende o meu punto de vista, AICLE pode chegar a formar persoas capaces de falar, entender e ler con distintos niveis nunha lingua, poñendo énfase na resolución de problemas e en saber facer. Conseguiríase unha maior motivación pola aprendizaxe dun idioma ó ver que son capaces de facer cousas doutras materias en inglés. Sen embargo non sería doado decidir que contidos se van a ensinar na lingua estranxeira e integralos no currículo, pero de todos xeitos habería que valorar como facelo e tratar de ir implantalo nos centros educativos.
Outro aspecto que se melloraría sería o perfil do centro educativo ademais de poder acceder a unha certificación internacional e de poder prepararse para a integración dentro da Unión Europea. Cando eu era estudante non se levaba a cabo nada semellante a isto e de feito cando finalicei a ESO a miña fluidez en expresión oral era mala, non falabamos en inglés en clase, só a mestra e moi de vez en cando polo tanto non tiñamos esa motivación por aprender un idioma ou por falalo. Sen embargo, hoxe en día cambiou como ben podo apreciar nos meus alumnos de clases de apoio de inglés os cales teñen materias como matemáticas ou ciencias en inglés e vexo que mostran interese por aprender conceptos delas en inglés e as clases resúltanlles máis interesantes que as de inglés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario