viernes, 6 de enero de 2017

Tema 2: (Eduardo) O ensino de linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico.

Como ben sabemos todos no ano 2013 preséntase unha nova lei educativa, a LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora de calidade Educativa) que xorde para mellorar a calidade educativa do noso país. Polo tanto queda claro que  o que se pretende mellorar son os resultados acadados a través dunha planificación eficiente. 

No tocante ás linguas estranxeiras poden apreciarse pequenos cambios no que a terminoloxía se refire, pasan a chamarse primeira lingua estranxeira e segunda lingua estranxeira, e de obrigatorias pasan a  chamarse troncais ou as optativas a ser de libre configuración. Ademais tamén se incide en darlles maior importancia ás materias troncais dentro das cales se encontra a primeira lingua estranxeira e ademais  a lei resalta que se debe potenciar a lingua oral e só se debe empregar a lingua materna como apoio. Unha das principais carencias do sistema educativo actual é o dominio dunha segunda lingua estranxeira, algo que si se inclúe nesta nova lei ademais de que apoia o plurilingüismo para que así os estudantes poidan conseguir fluidez na primeira lingua estranxeira . Para que isto se poida levar a cabo a nova lei fálanos de incorporar expertos con dominio en linguas estranxeiras, xa sexan estranxeiros ou nacionais ou profesorado en programas bilingües ou plurilingües, para así  suplir  a falta de persoal coas competencias lingüísticas necesarias. A maiores  tamén se inclúe a posibilidade de que as administracións establezan que unha parte das materias do currículo se impartan en linguas estranxeiras.  

Dende o meu punto de vista, si que vexo ben unha mellora da primeira lingua estranxeira e que se lle de maior importancia como materia troncal, pero o que non vexo ben é o dominio nunha segunda lingua penso que si se debe fomentar o plurilingüismo pero unha vez que o alumno teña asentada unha primeira lingua. Coido que contamos con moitas carencias no sistema educativo á hora da aprendizaxe das linguas estranxeiras, moitas delas xa se están a suplir pero aínda quedan moitas outras, entón  mellor asentar ben o dominio da primeira lingua e logo pasar a aprendizaxe doutras linguas. A medida que toman nesta lei de contratar máis persoal que dominen unha ou varias linguas para suplir a falta del é moi boa medida, como por exemplo auxiliares de conversa ou persoas nativas para que traballen e melloren a comprensión e a expresión oral. 

Outro dos puntos fortes e que máis se menciona é o das reválidas que serían sobre as materias troncais, polo que afectan directamente á primeira lingua estranxeira. Penso que é moi inxusto que se avalíe o dominio que un alumno ten dun idioma só a través dunha proba, si que pode servir para acreditar que nivel posúe pero non para avaliar todo o aprendido durante a ESO ou Bacharelato. Considero que tamén  sería inxusto que un alumno non puidese obter o titulo de Bacharelato só por non aprobar ditas probas, coido que se debería ter en conta o seu transcurso académico durante o Bacharelato e  para obtelo deberíase obter unha media das dúas. Ademais de que nas probas moitas veces interfiren factores externos que non se teñen en conta e que son importantes. Na miña opinión, as famosas reválidas deberían de contar cunha proba oral na materia de inglés, algo que é primordial para avaliar outra competencia que se ten en conta á hora de establecer os niveis do MCREL, xa que as demais competencias si que se avalían.  

Como conclusión penso que á hora de establecer leis educativas en España o goberno debería de preguntarse porque o dominio dunha lingua estranxeira é tan baixo no noso país, aínda que se mellorou nos últimos anos queda moito por mellorar, e  ademais deberían analizar cales son os principais erros que se cometen na aprendizaxe dun idioma no noso sistema educativo e como se podería mellorar isto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario