Un dos puntos máis salientables do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas é o dos niveis comúns de referencia (capítulo 3). Unha das finalidades do marco é a de describir o dominio lingüístico dun usuario a través de exames e de programas de avaliación. Dito marco conta con seis niveis de referencia que van dende o nivel A1 ata o nivel C2. Estarían organizados en tres niveis básicos que son A, B e C.
Como nivel máis baixo temos o A, que é o nivel de usuario básico é dicir aquel que sabe comunicarse de maneira sinxela e que é capaz de entender e empregar expresións cotiás ou en áreas de experiencias que son relevantes para o usuario. Dento del temos o A1 ( aceso) e A2 (plataforma). Despois viría o nivel B, que é o nivel de usuario independente é dicir aquel usuario que é capaz de manter unha interacción e facerse entender no caso de viaxar a un país estranxeiro. Ademais de que sabe enfrontarse de maneira flexible a problemas cotiás e é quen de entender e relacionarse con falantes nativos de maneira fluída e con naturalidade. Consta do B1 (limiar) e B2( avanzado). E xa en último lugar o nivel C, nivel de usuario competente, este usuario é capaz de expresarse de forma fluída e espontánea sen ningún esforzo e con grado de precisión en situacións complexas. Conta co C1 (dominio operativo eficiente) e C2 (mestría).
Dentro de cada nivel delimítanse unhas capacidades que o usuario debe controlar en cada un dos niveis para as categorías de escribir, falar e entender. Dentro das cales temos a comprensión auditiva, comprensión de lectura, interacción oral, expresión oral e expresión escrita.
Coido que a clasificación por niveis que se fai no marco está ben para poder falar do nivel de coñecemento que posúe un usuario dunha lingua a nivel de toda Europa, pero coido que non se lle dá a importancia necesaria aquí en España, de feito eu nunca escoitara falar do marco pero si dos niveis. Ter unha base común para determinar o dominio lingüístico dun usuario é primordial, pero deberiamos de contar cun sistema de avaliación universal por así dicilo que recoñeza o nivel que posuímos. É dicir que deberiamos contar con exames de acreditación de niveis estandarizados para Europa que se baseen en dito marco ó igual que contamos con outras certificacións nos diferentes idiomas como por exemplo Cambridge. Penso que nos centros educativos se deberían de adecuar ós exames a estas medidas ou senón preparalos para unhas probas externas.
Algo que me chama moito a atención é que coa nova lei educativa se pretenda que un alumno que remate o Bacharelato deba adquirir un nivel B2, como sabemos que iso é realmente así, como teriamos que avalialo para saber que iso é realmente certo. Se sumamos todas as horas de clases de inglés claro que se superan as horas que se necesitan por exemplo para conseguir un B2 nas probas de Cambridge, que son de 500 a 600, pero dende o meu punto de vista non é só o número de horas senón a preparación que se necesita para poder alcanzar ese nivel. Outras preguntas que veñen a miña menten son sobre que nivel debe acadar un alumno ó rematar primaria e como avaliamos iso ou que probas se deberían facer para que despois fosen válidas a nivel europeo e non só de España. Penso que non é xusto que só sexan válidas probas de acreditación externa e que tamén se deberían realizar probas no noso país que acreditasen o nivel acadado por un alumno o rematar os seus estudos de ESO ou de Bacharelato, e que ditas probas fosen gratuítas .
No hay comentarios:
Publicar un comentario