jueves, 5 de enero de 2017

Tema 8: (Rosa) As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas non europeas

Co paso do tempo houbo diferentes enfoques e métodos empregados para a ensinanza das linguas estranxeiras. Os máis coñecidos e empregados son os seguintes: 

  • Método gramática-tradución: xorde en Alemaña no século XIX (entre 1840 e 1940). Baseado na memorización das regras gramaticais para despois levar a cabo exercicios de tradución e considera que a lingua escrita é máis pura que a falada. 
  • Método natural: nace en Boston en 1860. Basease na aprendizaxe mediante unha serie de secuencias relacionadas, situacións en contextos reais nas que se ten que empregar  o inglés, a través da observación doutra persoas. Os principios deste método sentarán as bases do método directo. 
  • Movemento de reforma: xorde no 1886, cando se funda unha asociación para a fonética, xa que consideran o estudo da lingua falada. Usan textos de conversa e diálogo. 
  • Método directo (Berlitz): nace en Francia e Alemaña. Baseado no uso exclusivo da lingua meta, non se corrixen os erros e o que máis importa é a destreza da escoita. Para a comunicación úsanse preguntas e respostas de maneira progresiva. 
  • Método oral e ensino situacional de linguas: comeza entre o ano 1920 e 1930 e está vixente nos anos 50. Céntrase na ensinanza da lingua falada a través da introdución de vocabulario e gramática en situacións determinadas. Só seu usa a lingua escrita cando xa se posúe un bo léxico e gramática. 
  • Método audiolingüe: emprégase por primeira vez nos EE.UU. despois da II Guerra Mundial. O obxectivo primordial é potenciar a comprensión oral para a lectura e escritura. O docente é o modelo a imitar e quen leva o ritmo. Predomina o uso de drills e exercicios de repetición e finalmente faise unha análise comparando a L1 e a L2. 
  • Método comunicativo: crease nos anos 70 en contraposición co método gramatical. Aprendizaxe da lingua oral nun contexto real (viaxes, negocios, comunicación diaria). Uso da lingua en situacións de risco e da linguaxe apropiada para cada situación. 
  • Resposta física total: tivo éxito nos anos 70 e baseada ma premisa de que o cerebro do ser humano está bioloxicamente programado para adquirir unha nova lingua. A aprendizaxe lévase a cabo  a través do movemento do alumno, polo que é importante a comprensión oral. O profesor é como un director de teatro e non hai materiais didácticos nin libros. 
  • Método do silencio: tivo éxito nos anos 60, centrado no silencio do mestre que usa a mímica e os xestos e despois os alumnos deben responder. As regretas representan tanto sons vocais como consonánticos. Predominan a pronuncia e o vocabulario e a aprendizaxe depende do alumno que debe mostrar interese e autonomía para aprender. 
  • Suxestopedia: ten o seu auxe nos anos 80. A aprendizaxe ten lugar nun ambiente relaxado e en ansiedade e trátanse de eliminar barreiras como ansiedade ou baixa autoestima. Predomina a creación dun entorno cómodo e de relax para o alumno, para así adquirir as destrezas comunicativas orais e o vocabulario. Non se corrixe ós alumnos para non crear ansiedade. 
  • Enfoque por tarefas: baseado na realización dunha ou varias actividades para acadar un obxectivo e para levar a cabo as tarefas úsase a lingua. O mestre é o encargado de controlar o proceso e propoñer as actividades e o alumno toma as decisións. O resultado das tarefas coñécese como proxecto. 


Dende o meu punto de vista para a aprendizaxe dun idioma deberíanse empregar todos estes métodos e máis, algúns para alcanzar algunhas destrezas e outros para outras. Todos axudan a adquirir as diferentes competencias dende a compresión e expresión oral ata a comprensión e expresión escrita. Por exemplo o método comunicativo estaría ben para a expresión oral e o do silencio  tamén posto que obriga a falar ó alumno, e o de gramática-tradución para asentar as regras gramaticais. A día de hoxe aínda segue predominando o método gramática-tradución e penso que deberíamos de innovar e aplicar diferentes métodos segundo as necesidades e características dos alumnos. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario